O segredo da casa de Formoso

De Wiki Aller
O segredo da casa de Formoso
miniatura da obra
Curso
3º de ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 3º + ALS
Departamento
Lingua galega e Literatura + PMAR
Temporalización
2ª avaliación


O segredo da casa de Formoso de Héctor Cajaraville, podemos cualificala de novela de instituto pola estrutura dinámica, a modo de diario, nada complexa e que fai que o/a lector/a se mergulle na historia sen dificultade. O argumento achéganos á conformación da personalidade dun mozo que presenta trazos que o identifican por un lado cun rapaz de dezaoito anos, no que a sentimentos se referir; e por outro cun adulto, en canto ao raciocinio que amosa ante o descubrimento da familia sincrónica e da terrible historia que agocha, pasando de perfil sobre o tema da Guerra Civil. Como se recolle na contraportada do libro e na web do seu autor, Héctor Cajaraville, David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns.A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata entón tivera contacto, un misterio arredor da «casa de Formoso» que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que xorde de súpeto polo lado máis imprevisible.Unha historia de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións que desemboca no achado máis transcendental: o que nos dá as claves para descubrirnos a nós mesmos.

Departamento de Lingua galega e Literatura

Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

  • Ámbito lingüistico social de PMAR.

Número de exemplares na Biblioteca

  • CAJARAVILLE,Héctor: O segredo da casa de Formoso. Santillana-Obradoiro. Madrid: 2017. -221 p.; 22 cm. (Oqueleo) ISBN 978-84-16834-43-3 4 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas